López Campos salienta a importancia cultural da Festa Indiana de Ribadeo

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe no Pazo de San Roque na presentación da IX Edición da Festa Indiana de Ribadeo, onde destacou a importancia cultural desta cita que se celebrará días 12, 13 e 14 de xullo.

Na presentación, o representante da Xunta de Galicia subliñou a relevancia desta festividade para poñer en valor o que supuxo a emigración para a constitución da identidade cultural de Galicia. Así mesmo explicou que O Ribadeo Indiano contará cun amplo abano de actividades que inclúe obradoiros, conferencias, representacións teatrais e actuacións musicais, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2024