O director da Casa de Galicia en Madrid participou na entrega de premios, Proxección de España, organizado polo xornal El Debate

Madrid, 1 de xuño de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na II edición da  Entrega de Premios Proxección de España, organizado polo xornal El Debate.

Esta iniciativa, que chegou a comezos de 2023, é xa nunha referencia para a sociedade española. Desta maneira o medio recoñece a institucións e persoas que contribúan dunha forma relevante á proxección positiva de España no exterior.

Telefónica, o xornalista Tunku Varadarajan e á Real Academia Española, foron galardoados neste encontro celebrado no hotel Four Seasons de Madrid.

Un importante elenco de invitados, -con numerosas personalidades do mundo da política, a empresa e a sociedade madrileña-, acompañaron a estes premiados. A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, apoiaron uns premios que aspiran a consolidarse como unha referencia.

Durante a gala tamén interviñeron Alfonso Bullón de Mendoza, presidente do Debate, e Bieito Rubido, director do xornal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2024