O conselleiro de Cultura agradece a implicación do sector en ‘Galicia Escena PRO’

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, agradeceu hoxe a implicación do sector na celebración de Galicia Escena PRO, a feira promovida pola Xunta en colaboración coa asociación Escena Galega para dinamizar as artes escénicas.

Fíxoo no marco da representación do espectáculo Ceibe, de Fran Sieira, ao que asistiu acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Compre lembrar que esta é unha das actividades incluídas na programación deste evento, que remata hoxe despois de ofrecer 20 espectáculos, 12 presentacións, dúas mesas redondas e un concerto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/05/2024