Arias destaca o traballo que desenvolve Cáritas Lugo en favor da inclusión social
2024-05-30
/documents/35297/882432/300524+Mesa+Caritas+explanada+Xunta.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 30 de maio de 2024
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou os programas e actividades que desenvolve Cáritas na provincia de Lugo para axudar ás persoas máis vulnerables e apoiar aos grupos de poboación en risco de exclusión.
Arias visitou a mesa de cuestación e información instalada hoxe pola entidade na explanada da Delegación Territorial e afirmou que seguirán contando coa colaboración do Goberno galego para traballar en favor da inclusión social.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 30/05/2024