O delegado territorial da Xunta visita os concellos de Toén, Arnoia e Castrelo de Miño

Ourense, 30 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá á comarca do Ribeiro para visitar os concellos de Toén, Arnoia e Castrelo de Miño, onde coñeceu da man dos alcaldes Ricardo González, Rodrigo Aparicio e Avelino Pazos as necesidades destes municipios.

A xuntanza enmárcase na rolda de contactos institucionais que o responsable autonómico na provincia ten en marcha para estreitar a colaboración entre a Xunta de Galicia e as institucións municipais.

Manuel Pardo, despois de repasar con ámbolos tres rexedores asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños dos concellos de Toén, Castrelo de Miño e Arnoia”.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/05/2024