A Xunta aposta por seguir levando servizos de atención temperá a todo o territorio galego
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá na inauguración da xornada ‘A intervención transdiciplinar e prácticas recomendadas en atención temperá’ organizada por Cogami. Durante a súa intervención, lembrou a aposta do Goberno galego por seguir levando estes servizos a todo o territorio galego.
Neste sentido, Jacobo Rey sinalou que no ano 2009 existían na nosa Comunidade tan só dúas unidades que daban cobertura a 15 concellos, mentres que na actualidade a rede de unidades de atención temperá de Galicia ofrece cobertura a 200 concellos galegos. Deste xeito, garántese que os nenos con posibles trastorno no desenvolvemento e a súa familia conten co asesoramento e información adecuada sobre o seu tratamento.