A Xunta apoia a Festa do motor 4x4 comarca de Sarria, que se celebrará este sábado

Sarria (Lugo), 27 de maio de 2024

A Xunta de Galicia apoia a primeira Festa do Motor 4x4 Comarca de Sarria, que organiza o club “Os Carro x Catro” este sábado, 1 de xuño, no polígono de Morelle da citada localidade.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou hoxe na presentación o labor dos organizadores, que “logo do éxito acadado coa ruta celebrada en novembro, innovan cunha festa que aspira a ter continuidade no calendario e que se centra nun dos aspectos máis valorados polo público, as probas de habilidade nun circuíto acondicionado para a ocasión”.

Á cita acudirán uns 100 participantes chegados dende diferentes puntos de todo Galicia, Asturias, e Castela e León, con vehículos todoterreo, quads, motos e buggies. O programa abrirase cunha exhibición para mozos e cativos, ás 09.30. Ás 10.45 horas comezarán as probas de habilidade para motos e quads, e ás 15.30 horas as de buggies e todoterreos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/05/2024