O delegado territorial da Xunta visita os concellos de Verín, Oímbra e Monterrei

Ourense, 27 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá á comarca de Verín para visitar os concellos de Verín, Oímbra e Monterrei, dentro  da rolda de encontros institucionais que está a manter trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nos encontros de traballo mantidos cos alcaldes dos respectivos concellos, Gerardo Seoane, Ana Villarino e José Luís Suárez; repasaron asuntos de interese mutuo para as dúas administracións. “É unha mostra do que estamos a facer, que é escoitar aos concellos, tender pontes e dar solucións as cuestións que formulan os alcaldes e alcaldesas, que son os que coñecen de primeira man todas as necesidades dos seus concellos”; manifestou o delegado territorial.

Para Manuel Pardo "é fundamental que os alcaldes nos transmitan as necesidades dos seus concellos, polo tanto, a Delegación territorial está permanentemente aberta para o que precisen, xa que traballar con eles é ofrecer solucións ás necesidades dos seus veciños e veciñas".

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/05/2024