O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co subdelegado do Goberno en funcións

Ourense, 27 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Subdelegación do Goberno, co subdelegado en funcións, Manuel Arias, dentro  da rolda de encontros institucionais que está a manter tras a toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

A reunión transcorreu nun clima de cordialidade e serviu para consolidar a boas relacións existentes entre ámbalas institucións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/05/2024