Diego Calvo e Alfonso Villares asisten ao partido do Rácing de Ferrol na penúltima xornada da segunda división

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiron esta tarde no estadio da Malata xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, ao partido entre o Racing Club Ferrol e o Club Deportivo Leganés correspondente á 41ª xornada da Liga Hypermotion. O empate neste encontro impediu o ascenso directo do Leganés á Primeira División mentres que o conxunto ferrolán quedou sen opcións para optar na última xornada á promoción de ascenso.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/05/2024