O delegado da Xunta en Bos Aires traslada unha mensaxe de tranquilidade á colectividade galega na Arxentina nun encontro cos responsables das entidades galegas

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2024

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantivo unha reunión informativa con responsables das entidades da colectividade galega na Arxentina para trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos galegos deste país. Durante a reunión, informouse aos asistentes sobre distintos aspectos dos programas da Xunta de Galicia, destacando a total normalidade no funcionamento das actividades, máis alá do episodio que afecta a relación entre Arxentina e España. "A Xunta de Galicia está a realizar un seguimento permanente da situación".

 

Tras a conversa mantida co Cónsul Xeral en Bos Aires, Fernando García Casas, trasladouse aos dirixentes a total normalidade nas actividades consulares en todas as áreas de traballo. Dobarro asegura que esta situación non afecta á colectividade galega que reside no país. "Facemos un chamamento á tranquilidade, xa que tanto os axentes económicos como os representantes da colectividade, cos que estamos en permanente contacto, nos transmiten normalidade".

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/05/2024