As Nogais celebra esta fin de semana a Feira da Empanada, que conta co apoio da Xunta de Galicia

Lugo, 24 de maio de 2024

O delegado  territorial da Xunta en Lugo, e o alcalde das Nogais, Jesús Manuel Núñez, presentaron hoxe na Delegación Territorial os actos da XVII Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares, que se desenvolverá esta fin de semana na localidade.

A cita celebra o día grande o domingo, coa apertura dos postos de venda a partir das 10.00 horas e actuacións musicais durante a xornada.  Arias lembrou que a feira está incluída no Pasaporte Gastronómico que promove o Xeodestino Ancares Terras de Burón, “unha proposta turística diferenciada que anima a coñecer mellor este fermoso territorio”. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/05/2024