A Xunta celebra o 15 aniversario do centro de día público autonómico de Cabana de Bergantiños
2024-05-24
/documents/35297/1053367/29249524+DXFamiliaCabanaBerganti%C3%B1os.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Cabana de Bergantiños (A Coruña), 24 de maio de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta mañá ao 15 aniversario do centro de día público autonómico de Cabana de Bergantiños. Durante a visita puxo en valor a súa traxectoria que permitiu mellorar a atención e os servizos a disposición das persoas maiores deste concello.
O centro de día de Cabana ofrece máis dunha trintena de prazas de atención diúrna destinadas a persoas maiores. O director xeral lembrou que este tipo de recursos permiten fomentar a conciliación familiar ao tempo que lle dan a oportunidade ás persoas maiores de seguir vivindo nas súas aldeas ou vilas de sempre mentres están ben atendidos.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 24/05/2024