A Xunta apoia a campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ con actividades e promocións nos mercados coruñeses

Na xornada celebráronse diversas actividades entre as que destacan actuacións musicais, sorteo de cestas de produtos, obradoiros infantís ou concurso de debuxos 

O obxectivo é promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade das praceiras e praceiros 

A Coruña, 25 de maio de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou as actividades organizadas no mercado da Praza de Lugo con motivo da campaña internacional Quere o teu mercado na súa edición 2024, unha iniciativa da que tamén participa a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coa que se busca promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade e bo facer das praceiras e praceiros. 

Belén do Campo destacou a importância dos mercados locais pola súa proximidade e situación estratéxicas nas vilas e ciudades, facendo que as prazas de abastos xoguen un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos.

Esta ano participan na actuación máis de 900 profesionais de 41 mercados emprazados en 26 concellos de toda a xeografía galega dos cales 16 son da provincia da Coruña. En canto á achega da Xunta, repartíronse 15.800 bolsas, das cales máis de 450 se repartiron nos mercados coruñeses participantes: praza de Lugo, Elviña, San Agustín, Montealto, As Conchiñas, Ramón Cabanillas e Adormideras. Ademais,  organizáronse actividades dinamizadoras nos mercados. Concretamente, na praza de Lugo os compradores atopáronse con actuacións musicais e un taller familiar  de postais primaverais.

Esta campaña enmárcase na importancia que a Xunta dálle ao  comercio de proximidade, xa que ten enorme relevancia na xeración de  emprego e na dinamización das economías locais. “É parte fundamental para o crecemento económico e social de Galicia”, recalcou a delegada territorial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/05/2024