Javier Arias aplaude o novo reto do atleta Óscar Domínguez, que correrá 50 horas na Muralla a favor das persoas con discapacidade intelectual

Lugo, 24 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, amosou hoxe o seu apoio ao atleta Óscar Domínguez, que encara un novo reto deportivo, neste caso a favor das persoas con discapacidade intelectual.

Arias gabou a faceta solidaria do deportista, que este mañá comezou unha carreira de 50 horas pola Muralla de Lugo que prevé finalizar o domingo cara ás 11.00 horas. O diñeiro recadado neste caso está destinado ao Centro San Vicente de Paúl e a Asociación de familiares e amigos de persoas con discapacidade intelectual (AFADI).

As persoas interesadas poden entregar doazóns no punto habilitado no atrio da Catedral, ou ben a través de transferencia ou da plataforma de crowfounding do evento, que leva por título “Llenando de vida cada paso”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/05/2024