O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou hoxe na celebración desta efeméride

A Xunta destaca os coidados especializados que reciben os maiores no Centro de Día Público das Neves, que celebra o seu aniversario

Asinarase un convenio co Concello para realizar obras de mellora neste servizo de atención diúrna ao que acoden unha vintena de usuarios

As Neves (Pontevedra), 24 de maio de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiu hoxe á celebración do dezaseis anos de actividade do centro de día, pertencente á rede pública autonómica. Perfecto Rodríguez aproveitou a conmemoración para conversar con profesionais, usuarios e familiares deste servizo no que reciben atención especializada unha vintena de persoas maiores tanto de As Neves como doutros concellos da zona.

O xerente do Consorcio, que estivo acompañado do alcalde do concello, José Manuel Alfonso González, anunciou que a Xunta asinará un convenio de colaboración co concello para realizar obras de mellora en espazos interiores do centro. O orzamento que se destinarán a estes traballos será de 25.000 euros e “o obxectivo é que o persoal e os maiores que acoden diariamente a este servizo dispoñan dunhas instalacións cómodas, funcionais e accesibles”, sinalou.

Con motivo da celebración da efeméride do centro, desenvolveuse un programa de actividades que incluíu a inauguración dunha exposición con traballos feitos polos usuarios, unha actuación musical e a entrega de agasallos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/05/2024