A Xunta recibe ao delegado saharauí en Galicia e a presidenta da Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, coñeceu de primeira man a execución dos proxectos nos Campamentos de Refuxiados Saharauís con apoio do Goberno galego

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe co delegado saharauí en Galicia, Mohamed Mehdi, e coa presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), Maite Isla, para coñecer de primeira man o progreso dos proxectos que se están a executar nos Campamentos de Refuxiados Saharauís con apoio da Xunta.

Sogaps é o axente de cooperación que ten canalizado a maior parte dos fondos que a Cooperación Galega destina á poboación refuxiada saharahuí a través de actuacións de acción humanitaria, que se eleva a preto de 1,3 millóns de euros desde o ano 2006. 

Na reunión de hoxe tamén se fixo un repaso de axuda que a Xunta destinou nos últimos anos ao programa Vacacións en Paz. Ademais, este ano investiranse outros 100.000 euros nun proxecto de axuda alimentaria e médica para a poboación refuxiada saharahuí nos campamentos de Tinduf.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/05/2024