Entre fíos e raíces, unha lección de vida de seis mulleres de Castrelo de Miño, na Casa de Galicia en Madrid

 Madrid, 22 de maio de 2024.

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na proxección da curtametraxe documental Entre fíos e raíces.

As protagonistas da cinta, seis mulleres con idades comprendidas entre os 80 e 91 anos, narran como é a súa vida e as actividades que fan para manterse activas e ter un estilo de vida saudable. Todas estas mulleres, veciñas de Castrelo de Miño (Ourense), son valentes mulleres que contan as súas experiencias vitais, desde ter que emigrar e deixar a súa terra e aos seus, as súas vivencias de mozas, o retorno ás orixes... e o devir do presente.

Ao acto de presentación asistiron Avelino Pazos Pérez, alcalde de Castrelo de Miño e María Sol Alonso, concelleira de Servizos Sociais, que estiveron acompañados polas protagonistas da curtametraxe, a directora de Trebellos Mediación, a directora da Casa do Maior de Castrelo de Miño e a traballadora social do Concello, Inmaculada Victorino.

Data de actualización: 22/05/2024