A Xunta participa en Lugo nos actos conmemorativos da patroa da Policía Local

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiron esta mañá no centro cultural O Vello Cárcere de Lugo aos actos de conmemoración da festividade de María Auxiliadora, patroa da Policía Local. Neste acto institucional fixéronse entrega de recoñecementos a persoal de inspectores e oficiais da Policía Local, así como a representantes doutras forzas e corpos de seguridade. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/05/2024