A Xunta destaca que a ampliación do centro de día público autonómico de Cabana de Bergantiños supuxo unha importante mellora na atención
Cabana de Bergantiños (A Coruña), 21 de maio de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse esta mañá co alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez. Durante o encontro puxeron en valor a importante mellora na atención ás persoas maiores desta localidade que supuxo a ampliación do centro de día público autonómico.
A Xunta ampliou o pasado ano estas instalacións para garantir a maior comodidade dos usuarios e acoller a máis persoas maiores. A este cometido, o Goberno galego destinou 245.000 euros que permitiron incrementar as prazas a disposición da veciñanza ata as 34. Fabiola García destaca o compromiso do Goberno galego con todos os concellos galegos para seguir atendendo as súas necesidades en cada momento.