O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reúnese cos alcaldes de Coristanco e Oza-Cesuras

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo esta mañá senllos encontros de traballo cos alcaldes de Coristanco, Juan Carlos García Pose, e Oza-Cesuras, Pablo González, para coñecer de primeira man as necesidades destes concellos e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos seus proxectos. O Goberno galego mantén un firme compromiso coas administracións locais a través de distintas liñas de axudas que permitiron o ano pasado o impulso de máis de 600 iniciativas municipais, cun investimento de 27,2 millóns de euros. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/05/2024