Belén do Campo anima a descubrir a obra do escultor Francisco Asorey a través das fotografías de Xurxo Lobato, instaladas na praza de Lugo da Coruña

A Coruña, 20 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia  na Coruña, Belén do Campo, participou na inauguración da exposición Os vieiros de Asorey que está a realizar un percorrido itinerante por toda Galicia e que desde hoxe está instalada na praza de Lugo. Organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes, a mostra recompila a obra do artista a través das fotografías de Xurxo Lobato.

Belén do Campo destacou a figura de Francisco Asorey, considerado un dos artistas máis innovadores da arte española e da escultura no século XX, “polo que esta mostra é unha oportunidade para recoñecer e por en valor a vida e obra deste insigne galego, nun formato para todos os públicos”, remarcou, ao tempo que salientou que se están ante “un dos nomes que mellor sintetiza a arte feita en Galicia desde unha perspectiva da modernidade”.

A representante do Goberno galego na Coruña deulle os parabéns á Real Academia Galega de Belas Artes, que este ano celebra o seu 175 aniversario, e do que puxo en valor o seu  legado na “loita para protexer, conservar, recuperar e proxectar as artes galegas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/05/2024