A Xunta agradece á Fundación Eduardo Pondal por mesturar cultura e coidado a través da súa Casa da Muller

Ponteceso (A Coruña), 17 de maio de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na entrega de premios Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal con motivo do Día das Letras Galegas 2024. Durante o acto puxo en valor traballo desta entidade que aproveitou “o legado dun dos seus veciños máis ilustres” para poñer en marcha programas de conciliación e corresponsabilidade para toda a veciñanza.

Entre os premiados atópanse a Fundación Uxío Novoneyra, a poeta Yolanda Castaño ou o escritor Anxo Angueira. O director xeral, que estivo acompañado do alcalde da localidade e presidente da Fundación Eduardo Pondal, José Manuel Mato, agradeceu a entidade o convite e lembrou que o Goberno galego continuará a apoiar todos aqueles programas que desenvolve esta fundación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2024