O presidente da Xunta asiste ao IX Congreso do CSIF Galicia na Coruña

Rueda destaca a aposta da Xunta polo diálogo e o entendemento para seguir avanzando nas melloras das condicións laborais en Galicia

Asegura que o Goberno galego está nun proceso de escoita activa con sindicatos e patronal

Salienta a importancia de pechar acordos estables, duradeiros e en beneficio de todos e todas

A Coruña, 16 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aposta do Goberno autonómico polo diálogo e entendemento con todos os axentes sociais e económicos para seguir avanzando nas mellora das condicións laborais en Galicia.

Durante a inauguración do IX Congreso do CSIF Galicia, que se celebra esta tarde na Coruña, o titular do Executivo galego asegurou que a Xunta se atopa nun proceso de escoita activa con sindicatos e patronal e lembrou que as administracións deben dar exemplo á hora de mellorar as condicións dos seus traballadores.

Nesta liña lembrou que a Xunta aposta desde hai anos por dar estabilidade aos empregados públicos -con 1.495 prazas convocadas para a Administración xeral entre 2023 e o que vai de ano e con procesos en marcha para consolidar a preto de 6.000 traballadores laborais- ; aumentando os salarios -máis de 16.000 empregados públicos incrementaron as súas retribucións desde 2019 polo complemento de carreira- ou facilitando a conciliación. Por último, Rueda salientou a importancia de pechar acordos estables, duradeiros e en beneficio de todos e todas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/05/2024