O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo un encontro con representantes dos catro colexios profesionais de veterinaria

Gómez Caamaño reúnese cos colexios veterinarios para establecer canles de diálogo permanente con colectivos do ámbito sanitario

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2024

O Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reuniuse con representantes dos colexios oficiais de veterinarios de Galicia para sentar as bases dunha colaboración sustentada no diálogo permanente co obxectivo de optimizar todos os aspectos do sistema sanitario.

Na xuntanza de traballo, ademais do titular de Sanidade estiveron presentes a secretaria xeral técnica da Consellería, Natalia Lobato; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; o presidente do Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña, Francisco Javier Balado Amado; a secretaria do Colexio de Lugo, Adriana Méndez Martínez; o presidente de Ourense, Juan José Gómez Fernández; e o presidente de Pontevedra, Luis Núñez Desiré.

O conselleiro de Sanidade continúa así coa rolda de encontros de traballo con distintos colectivos profesionais, logo das xuntanzas mantidas cos colexios de médicos, de enfermería ou de farmacéuticos, ademais de distintas asociacións de pacientes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/05/2024