O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reuniuse cos presidentes dos catro colexios oficiais de farmacéuticos

O conselleiro de Sanidade salienta o labor das farmacias na educación en saúde da cidadanía

A Consellería de Sanidade traballa para predicir picos de distintas patoloxías coa información facilitada por unha rede de farmacias sentinela

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2024

O Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo unha reunión cos presidentes dos catro colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia na que abordaron o papel das farmacias comunitarias na educación sanitaria da poboación.

No encontro participaron a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato; a directora xeral de Saúde Pública; Carmen Durán Parrondo; a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria; Sofía López Linares; o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada Jorgal; e o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Alfredo José Silva Tojo.

Por parte dos colexios profesionais asistiron a presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña, Sara Catrain González; o presidente de Lugo, Alejandro Sánchez Pérez-Mel; o presidente de Ourense, Santiago Leyes Vence; e a presidenta de Pontevedra, Beatriz García Iglesias.

No encontro abordáronse distintos asuntos de interese para o colectivo, como a proposta da Xunta de crear unha rede de farmacias sentinela das que recibir datos de venda de determinados medicamentos ou produtos sanitarios (por exemplo, tests diagnósticos para gripe ou COVID) para poder predicir con maior precisión posibles episodios epidemiolóxicos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2024