O Sergas celebrará o domingo 23 de xuño o exame do proceso selectivo para 271 prazas de médico de familia

Resultaron admitidas 606 persoas neste proceso selectivo por concurso-oposición

O exame celebrarase na mañá do 23 de xuño no recinto feiral de Silleda

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

O Servizo Galego de Saúde publicou hoxe na súa páxina web a data de celebración do exame da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso a 271 prazas de médico de familia de atención primaria, que terá lugar o domingo 23 de xuño ás 9,30 horas no Recinto Feiral Internacional de Galicia, en Silleda.

No proceso, que se desenvolve polo sistema de concurso-oposición, foron admitidos 606 aspirantes. 

A través desta convocatoria, o Sergas oferta 126 prazas de acceso libre, 132 de promoción interna e 13 prazas reservadas a discapacidade xeral.

Estas 271 prazas totais engádense ás 42 prazas ofertadas no proceso selectivo de estabilización, mediante concurso de méritos, proceso que xa foi resolto no pasado mes de xaneiro.

Data de actualización: 16/05/2024