O Director da Casa de Galicia en Madrid apoia aos galegos residentes en Alcobendas a manter vivas as tradicións galegas nas festas de San Isidro

Madrid, 16 de maio de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na recepción ofrecida pola asociación galega, Xuntanza de Alcobendas, aproveitando a festividade  de San Isidro, e que reúne a miles de persoas nesta localidade madrileña.

Esta asociación galega aproveita a ocasión para difundir a gastronomía galega e o seu folclore. De feito, o grupo de gaitas e pandeiretas foi convidado a actuar nestas tradicionais festas para deleite do público que abarrotaba as carpas. 

A esta recepción asistiu tamén a alcaldesa de Alcobendas, Rocío García Alcántara e o alcalde da localidade de Tres Cantos, Jesús Moreno García.  

Estas son unhas festas moi arraigadas en Alcobendas, xa que San Isidro é, xunto coa Virxe da Paz, patrón da localidade. San Isidro é unha figura que conta cun gran número de devotos no municipio debido á herdanza agricultora e gandeira de Alcobendas, actividades que constituíron a principal forma de vida dos seus habitantes até os anos cincuenta do século XX. Como parte da homenaxe que se lle rende no seu día, organízase unha misa na ermida dedicada ao santo, a cal precede a unha procesión e a unha posterior romaría.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/05/2024