O presidente da Xunta asiste á entrega do XXXI Premio Periodístico Puro Cora

Rueda destaca o papel imprescindible dos medios de comunicación para xerar puntos de encontro e diálogo na sociedade

Lugo, 15 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel primordial dos medios de comunicación para xerar puntos de encontro, diálogo e entendemento na sociedade.

 

Durante o acto de entrega do XXXI Premio Periodístico Puro Cora que entrega El Progreso, asegurou que o xornalismo é un complemento necesario ao traballo diario das institucións nunha democracia representativa. “Se non existisen os medios de comunicación, a democracia sería máis feble e pobre”, sinalou.

 

O presidente salientou a traxectoria da gañadora desa edición, Lola García, e valorou “o sentidiño” que transmite nos seus artigos nos que analiza a actualidade política no xornal catalán La Vanguardia. Rueda tamén agradeceu “a ecuanimidade e valentía” coa que desempeña a súa profesión.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/05/2024