Ponteareas pasea pola Casa de Galicia en Madrid as súas tradicións de Corpus

Madrid, 15 de maio de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación da festa de Interese Turístico Internacional xunto ao Pregoeiro deste ano, Rogelio Groba Otero  a alcaldesa e o seu primeiro tenente de alcalde.

O Corpus Christi de Ponteareas paseouse onte pola capital de España da man da alcaldesa Nava Castro e o seu primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González Carrera, que foron os encargados de levar a festa até a Casa de Galicia en Madrid, onde foron recibidos polo seu director, Javier Vázquez, para quen foi un pracer darlles a benvida “a esta Casa” e recibir de novo a Nava  Castro: “Perdemos unha gran directora de Turismo, pero Ponteareas gañou unha magnífica alcaldesa”, comentou, dando paso á presentación do Corpus, na que, a alcaldesa repartiu uns cestillos cos elementos que “usamos os alfombristas de Ponteareas" sinalando a alfombra de 2x2m, que adornaba a sala representado á Menina de Ponteareas, María Agostiña Sarmiento, inmortalizada por Velázquez no cadro das Meninas.

“Esta levounos dúas horas facela pero as de Corpus confecciónanse durante toda a madrugada" para o paso da procesión: máis dun quilómetro de alfombras. E lembrou a Reveriano Soutullo dándolle as grazas ao seu neto por compartir este acto e por doar a Ponteareas, o despacho do seu avó, o mestre Sourullo", un insigne ponteareán.

Juan Carlos González Carrera tomou a palabra “agradecendo a oportunidade” que lles brindou a Casa de Galicia en Madrid para facer esta presentación, destacando o labor veciñal “porque eles, os veciños, son os que contribúen a que o Corpus sexa máis un sentimento que unha festa". E finalizou esbozando o programa festivo e convidando os presentes a visitar Ponteareas e presenciar en directo "noso Corpus e o que significa para todos os veciños”.

Para Rogelio Groba Otero, que pregoará o Corpus o 25 de maio, foi “unha gran honra estar aquí nesta Casa de novo". E "hoxe quero convidarlles a unha magnífica festa de cheiros e irmandade na que todo o pobo únese por unha tradición". "A música do mesmo xeito que as flores son arte efémera que achega a beleza do momento, a atmosfera do son e o cheiro do silencio”. Unha festa “de aromas, cor e sobre todo de irmandade, que alimenta o espírito”. E animou a todos a coñecela.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/05/2024