Esta mañá, o delegado territorial da Xunta e a alcaldesa, presentaron as distintas actividades desta celebración festiva que se desenvolverá en Bande do 24 ao 26 de maio

Manuel Pardo pon en valor a LIII Edición da Festa do Peixe de Bande

A abundancia de peixe ríos da zona foi un factor importante que influíu na elección de Bande como sede do campionato de pesca, amparado pola Federación Galega

Durante os días don certame, hai moitas outras actividades dispoñibles ademais de música e festa

Nas semanas previas á festa realízase o concurso ‘Peixiños’. Este certame está dirixido a nenos e nenas de infantil e educación primaria da comarca da Baixa Limia

Ourense, 15 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a alcaldesa de Banda, Sandra Quintas, participaron esta mañá na presentación da ‘LIII Festa do Peixe de Bande’ que se desenvolverá do 24 ao 26 de maio, xusto 55 días despois da Semana Santa.

O delegado territorial subliñou que se trata de 53 anos españando a riqueza gastronómica da contorna e dando a  a coñecer o potencial turístico da zona cun concurso de pesca, e que en 2013 foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

O seu nacemento débese á iniciativa dun grupo de amigos que compartiron a súa paixón pola pesca e decidiron organizar un concurso que se repite ano tras ano ata hoxe. As súas raíces resistiron o paso do tempo, e hoxe é unha das máis antigas de Ourense.

A abundancia de peixe ríos da zona foi un factor importante que influíu na elección de Bande como sede do campionato de pesca, amparado pola Federación Galega, dada a presenza de especies tradicionais como a boga e o escalo.

Nesta festa sempre hai comida variada e diversos postos onde probar as deliciosas opcións tradicionais. O máis popular é a degustación de empanadas, pan artesanal dos fornos de Bande e o prato forte que é o peixe. Ademais, durante os días don certame, hai moitas outras actividades dispoñibles ademais de música e festa.

Nas semanas previas á festa realízase o concurso ‘Peixiños’. Este certame está dirixido a nenos e nenas de infantil e educación primaria da comarca da Baixa Limia. O tema é a Festa do Peixe (Bande), a visión dos rapaces e parazas acerca desta festa en tódolos seus actos e aspectos. Así mesmo, tamén se admiten no concurso outros temas relacionados co medio ambiente, a súa riqueza e as súas ameazas.

Un programa de actividades amplo e variado no que destaca o campionato de pesca que se celebra o domingo a partir das 8h. en augas do río Limia, na zona acoutada de Ponte Liñares.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 15/05/2024