A delegada da Xunta en Vigo salienta o labor social que realiza a asociación e escola Xaruma de saúde mental
2024-05-14
/documents/35297/1053337/20240514+Asociaci%C3%B3n+Xaruma+%282%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 14 de maio de 2024 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este martes unha xuntanza cos responsables da Asociación e Escola Xaruma que atende a persoas con trastronos mentais. A representante autonómica destacou o labor social do colectivo tras facer un percorrido polas instalacións nas que presta asistencia a 76 persoas e desde onde máis de 1.000 persoas benefícianse anualmente dos proxectos de Xaruma.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 14/05/2024