A Xunta avanza nos trámites para a posta en marcha da concentración parcelaria de Triabá, no concello lucense de Castro de Rei

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse o venres pasado co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado Teijeiro, para abordar diversos asuntos de interese para este concello lucense, entre eles as concentracións parcelarias.

 

Neste encontro trataron os trámites necesarios para seguir avanzando no proxecto da concentración parcelaria de Triabá, situada na parroquia homónima, así como para estudar novas posibilidades de sumar máis terra mobilizada en zonas de alta produción gandeira.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/05/2024