Rueda recibe ao Real Club Deportivo da Coruña para felicitalo polo ascenso a segunda división
2024-05-13
/documents/35297/887447/240513_Pte_Presi_RCDeportivo_DCS-5.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu hoxe aos xogadores e corpo técnico do equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña no Pazo de Raxoi tras o seu ascenso a segunda división.
O titular do Goberno galego trasladou os parabéns ao equipo, pero tamén “a toda a cidade da Coruña e toda Galicia”. “Tedes unha afección que sempre enche o estadio, que chama a atención dentro e fóra de España”, salientou.
Acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recoñeceu o traballo e esforzo que leva realizado o equipo para subir de categoría e animoulles a seguir no mesmo camiño para volver o antes posible á primeira división.
Data de actualización: 13/05/2024