A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou o lugar onde se situará o centro acompañada do delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo

A Xunta destinará 1,2 millóns de euros á creación da futura residencia de maiores de Piñor

O Goberno galego financiará o 70% das obras, no marco dun Plan de 18,5 millóns de euros para obras de mellora de centros de atención diúrna e residencial de titularidade municipal

No caso de Piñor, reformaranse e ampliaranse as instalacións que ata agora funcionaran como centro social 

Piñor (Ourense), 11 de maio de 2024

A Xunta destinará 1,2 millóns de euros á construción da residencia municipal de maiores de Piñor. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou o espazo no que se instalará este centro xunto ao delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de Piñor, José Luis González.

O Goberno galego financiará o 70% das obras, o que supón a asignación máxima que pode outorgar. Unha contía que forma parte do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co que a Xunta custeará unha vintena de proxectos de mellora, reforma ou construción de residencias e centros de día de titularidade municipal. O 30% restante irá a cargo da Deputación de Ourense. 

O proxecto de Piñor consistirá na modificación e ampliación das instalacións que ata agora ocupaban un centro social. Con esta actuación dotarase ao concello de 41 prazas residenciais para persoas maiores.

A conselleira de Política Social e Igualdade destacou que o Plan de Investimentos en centros de atención residencial e diúrna de titularidade municipal supón un impulso histórico da Xunta á rede galega de atención e coidado a maiores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/05/2024