A Xunta destaca a aposta do R.C. Celta polo deporte feminino e de base coa creación do proxecto As Celtas

Vigo, 9 de maio de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiu hoxe no estadio da Madroa presentación oficial de As Celtas. O proxecto feminino do Real Club Celta nace da fusión coa U.D. Mos e arranca cun equipo en Terceira Federación, ademais dun filial, infantil e cadete.

 

Diego Calvo destacou a importancia que supón para o deporte galego que o R.C. Celta aposte con esta iniciativa polo fútbol feminino e pola canteira, de maneira que “as xogadoras dos conxuntos presentados hoxe sexan referentes e motiven e animen a facer deporte a moitas nenas que queren seguir os seus pasos”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024