A delegada territorial da Xunta en Ferrol e o presidente da Autoridade Portuaria abordan a evolución dos traballos na fachada marítima

Ferrol, 10 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro co presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (APFSC), Francisco Barea, co que abordou o estado de execución das obras de fomento da mobilidade na fachada marítima de Ferrol que está a executar a Autoridade Portuaria co apoio económico do Goberno galego.

As actuacións, que se desenvolven en varias fases, contan cun investimento da Xunta de Galicia de 3,8 M€, dos 4,6 M€ nos que está valorado o proxecto. Estas inclúen a construción de dous aparcamentos que permitirán habilitar máis de 140 novas prazas de estacionamento na zona, así como dous itinerarios, un peonil e outro ciclista, para fomentar unha mobilidade sustentable e menos contaminante ao mesmo tempo que se garante a seguridade viaria de peóns, ciclistas e vehículos.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 10/05/2024