Diego Calvo asiste no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no complexo deportivo Lalín Arena ao partido entre a selección española masculina absoluta de balonmán e a de Serbia. Trátase do encontro de ida da eliminatoria a doble partido para clasificarse para o Campionato do Mundo 2025, que se saldou con vitoria dos Hispanos por catro goles de diferencia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/05/2024