A Casa de Galicia en Madrid acolleu o segundo recital poético dentro dun ciclo que durará ata o mes de decembro

Madrid, 8 de maio 2024

Javier Vázquez, director  da Casa de Galicia en Madrid, participou no II recital poético "Apuntamentos para non disolverse na común semente do tempo" coordinado polo polifacético artista Antonino Rodríguez Nieto.

Nesta segunda cita do recital poético participaron os poetas, Raquel Vázquez e José M.ª Paz Gago; o pintor Daniel Peral, coa creación dunha obra en vivo; a pianista, Cristina Ledo; a bailarina, coreógrafa e concertista de castañolas, Yolanda Gabiño; o guitarrista, Arturo Lucero; e a Agrupación Artística Galega Rosalía de Castro, do Centro Galego de Madrid.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/05/2024