Javier Arias participa na apertura do salón do cabalo ‘Equigal’, que se celebra en Lugo co apoio da Xunta

Lugo, 3 de maio de 2024

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na apertura do XVII Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, que se celebrará ata o día 12 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e conta co apoio da Xunta de Galicia.

O evento inclúe distintas propostas e a primeira é o Concurso Nacional de Salto de Obstáculos, que disputarán durante a fin de semana os 85 xinetes inscritos. Entre o luns e o venres  haberá actividades para escolares, como bautismos ecuestres e charlas sobre anatomía equina e a historia do cabalo. O día 11 comezará o Arabic Horse Show, que coincidirá tamén o domingo 12 co Concurso Morfolóxico de Cabalo Pura Raza Galega.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/05/2024