A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, púxose en contacto coa alcaldesa

A Xunta ofrece o bono de alugueiro social ás persoas que perderon a súa vivenda como consecuencia dun incendio en Rábade

O importe do Bono acada o 100 por cento do custo do alugueiro

Santiago de Compostela 3 de maio de 2024

A Xunta ofrece o Bono de alugueiro social ás dúas unidades de convivencia afectadas polo incendio rexistrado onte en Rábade. Así llo trasladou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, á alcaldesa, Remedios González.

Entre as persoas que se poden beneficiar do Bono están aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.

O importe do Bono de alugueiro social acada o 100 por cento do custo do alugueiro.

A consellería, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, está en contacto coa asistencia social do concello de Rábade para tramitar a axuda no menor prazo posible co obxectivo de que a mesma cubra xa o primeiro mes do alugueiro.

Data de actualización: 03/05/2024