Martina Aneiros preside a primeira comisión territorial de coordinación da delegación da Xunta en Ferrol desta lexislatura

Ferrol, 2 de maio de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá a primeira Comisión Territorial de Coordinación da Delegación Territorial de Ferrol tralo seu nomeamento.

Á mesma asistiron os directores territoriais -antes xefes territoriais- das diferentes consellerías cos que Aneiros, avaliou o estado de tramitación dalgunhas das actuacións que o Goberno galego está a impulsar nesta área territorial. Durante o encontro, fixáronse tamén as prioridades de cara a esta nova lexislatura.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/05/2024