A Xunta colabora co salón internacional do cabalo ‘Equigal’, que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Lugo, 29 de abril de 2024

A Xunta colabora coa organización do XVII Salón Internacional do Cabalo de Galicia Equigal, que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo entre os días 3 e 12 de maio.

No acto de presentación, o delegado territorial, Javier Arias, aplaudiu o esforzo da  Federación de Hípica Galega por organizar un ano máis este evento “con grandes probas deportivas e propostas de ocio arredor da equitación”.

No que respecta ao calendario, entre os días 3 e 5 de maio celebrarase o Concurso Nacional de Salto de Obstáculos; do 6 ao 10 haberá actividades para escolares, como bautismos ecuestres e charlas sobre anatomía equina e a historia do cabalo; o Arabic Horse Show será a principal atracción dos días 11 e 12, xunto co Concurso Morfolóxico de Cabalo Pura Raza Galega, co que coincide o último día de programación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2024