A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da comarca de Ordes

O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da exposición de maquinaria agrícola, que se celebra coincidindo coa XXXIII Festa do Champiñón. Xunto con representantes doutros concellos da comarca como Oroso, Trazo, Frades, Tordoia ou Cerceda, coñeceu as últimas novidades do sector e destacou o potencial agrogandeiro da comarca de Ordes nunha feira sectorial que comparte protagonismo coa gastronomía e a artesanía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2024