Martina Aneiros inicia co alcalde de Cerdido unha rolda de contactos cos rexedores dos concellos da delegación territorial

Ferrol, 26 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, iniciou esta mañá co alcalde de Cerdido, Alberto Rey, unha rolda de contactos que manterá cos rexedores da área, no marco desta nova etapa ao fronte da Delegación Territorial. 

Durante a reunión de traballo, ambos responsables analizaron algunhas das demandas do municipio con respecto á Administración autonómica en materia de mellora de instalacións deportivas, recursos sociais e asuntos vinculados á maquinaria, entre outras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/04/2024