Antonio Rodríguez Miranda toma posesión como secretario xeral de Emigración

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

Antonio Rodríguez Miranda tomou posesión hoxe como secretario xeral de Emigración, dentro do organigrama da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Rodríguez Miranda confírmase así no cargo que leva ocupando desde decembro de 2012.

 

Natural do concello ourensán da Bola, é licenciado en Ciencias Biolóxicas, na especialidade de Zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais na especialidade de Seguridade e Hixiene Industrial, ademais de profesor e director de Formación.

 

A súa traxectoria política comezou en 1999, cando resultou elixido concelleiro en Allariz, concello do que foi voceiro municipal do PP desde o 2001 ata o 2012 e presidente local. Deputado no Parlamento de Galicia nas VII, VIII, IX, X, XI e XII lexislaturas, exerceu como voceiro do PP de Galicia entre os anos 2009 e 2013 e como secretario xeral da Emigración dende o 26 decembro de 2012 ata a actualidade.

 

É membro do Comité Executivo do PPdeG desde o ano 2006 e, na actualidade, é membro do Comité Executivo do PP a nivel nacional, como secretario do PP Exterior.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/04/2024