Campo Lameiro repavimenta o camiño de San Isidro grazas a un convenio coa Xunta

O delegado territorial visitou o resultado da obra e lembrou a importancia de escoitar aos alcaldes e alcaldesas para coñecer as necesidades de todos os galegos

No último cuadrimestre do 2023 a consellería de Medio Rural asinou convenios de importes semellantes con 13 concellos da área territorial de Pontevedra e tres da súa área de influencia

Campo Lameiro (Pontevedra), 25 de abril de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o concello de Campo Lameiro, onde se levaron a cabo unhas obras de repavimentación do camiño de San Isidro grazas a un convenio de colaboración subscrito pola consellería de Medio Rural a finais do 2023

Así, a Xunta destinou unha achega de máis de 48.000 euros para a mellora desta vía de preto de 800 metros que aumentará a seguridade e a comodidade de todos os veciños da zona.

Cabe destacar que a consellería de Medio Rural asinou convenios deste tipo con 13 concellos da área territorial de Pontevedra no terceiro cuadrimestre do pasado ano. En concreto, na área de influencia de Pontevedra asináronse neste período convenios de importes similares nos concellos de Pontevedra e Poio para a realización de obras de infraestrutura rural.

O delegado territorial aproveitou a visita para destacar a importancia da colaboración entre institucións e para lembrar a necesidade de “seguir apoiando aos concellos e manter unha boa comunicación cos alcaldes para coñecer de primeira man as necesidades de todos os galegos e galegas”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/04/2024