Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Cabanas, parroquia de Soaserra

O lume iniciouse ás 13,03 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións afecta 2,4 hectáreas de superficie dentro do Parque Natural Fragas do Eume

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal que afecta ao Parque Natural Fragas do Eume, na parroquia de Soaserra, no concello coruñés de Cabanas, está estabilizado dende as 16,43 horas. 

O lume iniciouse ás 13,03 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións afecta 2,4 hectáreas de superficie dentro do Parque Natural Fragas do Eume. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 1  técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 21/04/2024