A Xunta participa na celebración do Día da Amizade organizada pola Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña
2024-04-19
/documents/35297/887170/20240419+SXIDiaAmizade.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 19 de abril de 2024
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, que tivo lugar nas instalacións de Palexco. Durante a xornada entregouse o Premio á Participación Cidadá á Cociña Económica da Coruña.
O acto tamén serviu para recoñecer o traballo das persoas asociadas, coa entrega de diplomas a aquelas que cumpren 25 anos de vinculación á entidade e a insignia de ouro ás presidentas locais con 25 anos no cargo. A programación deste Día da Amizade incluíu música e un sorteo de agasallos entre as persoas asistentes.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 19/04/2024