A Casa de Galicia en Madrid acolle unha homenaxe a catro galegos ilustres da mar

Madrid, 17 de abril de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no acto organizado pola Fundación Philippe Cousteau "Unión dos Océanos" para render unha homenaxe á memoria de: Fernando Fernández Tapias-Román, navieiro e empresario; José Silvera Cañizares, xefe de máquinas da Mariña Mercante, navieiro e empresario; Constantino Méndez Martínez, exdirector xeral do Instituto Social da Mariña; e José Javier Varona Para, expresidente do Fondo de Regulación e Organización do Mercado de Produtos da Pesca (FROM).

No acto interviñeron Rafael Lobeto Lobo, secretario xeral da Fundación Philippe Cousteau "Unión dos Océanos"; Valentín Martínez Otero, presidente do Centro Asturiano e José Antonio Álvarez Vidal, Presidente de Portos de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/04/2024